lunes, 14 de mayo de 2018

Avaliación Inicial

Corriximos por puntos: cabezas numeradas + rol xiratorio (5/10 minutos para cada rotación, un chromebook por equipo):

1- lee o punto (texto) en alto ao tempo que corrixe;
2- revisa ou facilita as respostas (un chromebook);
3- toma notas (folio de apuntamentos por apartados);
4- escoita para parafrasear/resunir cando remate a corrección.

Rotamos 3 veces.

 

miércoles, 9 de mayo de 2018

Escoita Activa


Para escoitar activamente as persoas que nos rodean temos que poñer os cinco sentidos:

  1. oído: escoita con atención;
  2. vista: mira a quen che fala;
  3. gusto: pecha a boca: non interrompas;
  4. tacto: non xulgues, respecta os sentimentos dos demais;
  5. e olfacto: mostra interese, pregunta, resume ou parafrasea, intentando comprender a persoa que fala.



lunes, 9 de abril de 2018

Viaxa no tempo!

Temporalización: 4 semanas.

A) Investigamos (3 semanas):
  • Para leer: tema 9 do libro de texto.
  • Para ampliar/visualizar: 


  • Para repasar:
Mesopotamia:


https://www.youtube.com/watch?v=aH1wWDwiAcA&t=421s

B) Viaxamos no tempo (unha semana) para coñecer as principais obras de arte destas primeiras civilizacións fluviais.






1º) Escolle 10 obras en total:





2º) A continuación elabora un eixe cronolóxico a través da seguinte aplicación dixital: https://timeline.knightlab.com/ (titorial no seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=38q5RJoS-Bw).

Os datos obrigatorios de cada obra artística son:
  • Título
  • Localización
  • Cronoloxía (ano/século realización)
  • Estilo e algunha característica
  • Imaxe actual (wikipedia)

3º) Por último, elabora elabora un mapa político-temático no que inclúas fotografías das obras. Este mapa será a imaxe de presentación do teu Timeline. Lembra publicar o resultado final no teu blog persoal.

Boa viaxe!!! 

lunes, 26 de febrero de 2018

Arqueólogos por un día

Atención as actividades que integran a tarefa:

Despois da visita ao PAAR Campo Lameiro realizamos individualmente unha entrada no noso blog titulada “Visita a Campo Lameiro” (Entrada 3). que recolla os seguintes elementos:


TEXTO + FOTOGRAFÍAS E OUTRAS EVIDENCIAS

  1. Clasifica e comenta un PETRÓGLIFO
  • Tipo de fonte:
  • Cronoloxía (cando se realizou?):
  • Localización (onde? describe a zona: relevo, vexetación ou clima):
  • Temática:
  • Significado:


  1. Como era a vida na IDADE DE BRONCE?

  • Actividades económicas (agricultura, gandaría, caza e artesanía) e dieta.
  • Sociedade (desigual, predominio dos guerreiros, armas,..).
  • Vivendas.
  • Rituais funerarios.

Unha vez realizada a parte individual comezamos coa parte cooperativa. Elaboramos nun documento, seguindo o esquema proposto, un bosquexo coa información que vai recoller o noso folleto. Compartimos o documento coas profesoras e o publicamos nunha nova entrada do blog titulada “Contidos do Folleto” (Entrada 4).
Cada equipo ten asignada unha Laxe para incluír na parte dianteira do folleto (http://www.paar.es/?page_id=52&lang=gl ).



PARTE DIANTEIRA

-TÍTULO (PETRÓGLIFO)

- IMAXES (FOTOGRAFÍAS DO PETRÓGLIFO)

- TEXTO (8 LIÑAS, COMENTARIO DO PETRÓGLIFO)

-Tipo de fonte:
- Cronoloxía (cando se realizou?)
- Localización (onde? describe a zona: relevo, vexetación ou clima)
-Temática
-Significado
- Valor cultural



PARTE POSTERIOR

ESPAZOS DO PAAR CAMPO LAMEIRO (FOTOGRAFÍAS)
RELACIONADOS COA VIDA NA IDADE DE BRONCE
(TEXTO)

. Actividades económicas (agricultura, gandaría, caza e artesanía)
e dieta.
. Sociedade (predominio dos guerreiros, armas,..)
. Vivendas
. Rituais funerarios


EIXE CRONOLÓXICO DA PREHISTORIA (DESTACANDO
A IDADE DE BRONCE)
*Debes incluír no folleto as definicións de: Prehistoria, Petróglifo,
Arte Rupestre e Idade do Bronce;
e empregar correctamente o vocabulario histórico
e artístico.




RÚBRICA DE AVALIACIÓN





SB
(2)
NT
(1,5)
SUF
(1)
INS
(0,5)
ENTRADAS
NO BLOG

(NOTA
INDIVIDUAL)
ENTRADA 1
Comprende que
a historia non se
pode escribir sen
fontes, sexan estas
restos materiais ou textuais.
VISITA DUN
ARQUEÓLOGO

Que é a prehistoria?
Como se estuda?
En que consiste o traballo
dun arqueólogo?
Que preguntas teño?

(20 liñas se é letra
pequena)




ENTRADA 3
Identifica elementos
materiais, culturais
ou ideolóxicos que
son herdanza do pasado.
VISITA AO PAAR
CAMPO LAMEIRO
-Clasifica e comenta
un PETRÓGLIFO
-Como era a vida na IDADE
DE BRONCE?
(20 liñas se é letra
pequena)






FOLLETO

(NOTA
EQUIPO)

ENTRADA 4
Identifica elementos
materiais, culturais ou
ideolóxicos que son
herdanza do pasado.
Debes incluir no folleto
a clasificación e comentario
dun PETRÓGLIFO.
-Tipo de fonte:
- Cronoloxía (cando se realizou?):
- Localización (onde? describe a zona:
relevo, vexetación ou clima):
-Temática:
-Significado:
- Valor cultural
(8 liñas + fotografías)




Comprende que a
historia non se pode
escribir sen fontes, sexan
estas restos materiais ou
textuais.
Ordena temporalmente
algúns feitos históricos
e outros feitos salientables,
utilizando para iso as nocións
básicas de sucesión,
duración e simultaneidade
Debes incluír no folleto
UN EIXE CRONOLÓXICO
DA PREHISTORIA.
Debes explicar como
era a vida na IDADE DE BRONCE
e que a diferenciaba doutras etapas
anteriores.
(3/4 liñas por
apartado + fotografías)




Utiliza o vocabulario
histórico e artístico
imprescindible para
cada época.
Debes incluír no folleto
as definicións de: Prehistoria,
Petróglifo, Arte Rupestre
e Idade do Bronce; e empregar
correctamente o vocabulario
histórico e artístico.





miércoles, 21 de febrero de 2018

As etapas da prehistoria e as manifestacións artísticas

CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN

5 Paleolítico: etapas; características das formas de vida; cazadores colectores.
Coñecer as características da vida humana correspondentes aos dous períodos en que se divide a Prehistoria: Paleolítico e Neolítico.
Explica a diferenza entre os dous períodos en que se divide a prehistoria e describe as características básicas da vida en cada un.
6 Neolítico: revolución agraria e expansión das sociedades humanas; sedentarismo; artesanía e comercio; organización social.
7 Aparición dos ritos: restos materiais e artísticos; pintura e escultura.
Identificar os primeiros ritos relixiosos.
Recoñece as funcións dos primeiros ritos relixiosos como os da "deusa nai".













Lectura e visualización:
  • Libro de texto dixital (tema 8).
  • Vídeos Canal La Cuna de Halicarnaso:

domingo, 18 de febrero de 2018

Periodización da prehistoria e hominización

CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1 Vocabulario histórico e artístico.


Utilizar o vocabulario histórico e artístico
con precisión, inseríndoo no contexto adecuado.

Utiliza o vocabulario histórico e artístico
imprescindible para cada época.
2 Periodización da Prehistoria
e a Idade Antiga.


Datar a Prehistoria e a Idade Antiga, e distinguir
a escala temporal de etapas como estas.

Distingue etapas dentro da historia antiga.
3 Prehistoria e Idade Antiga:
visión global.


Identificar e localizar no tempo e no espazo os
procesos e os acontecementos históricos máis
salientables da Prehistoria e da Idade Antiga,
para adquirir unha perspectiva global da súa evolución.

Realiza diversos tipos de eixes
cronolóxicos e mapas históricos.
4 Evolución das especies e
a hominización.
Entender o proceso de hominización
Recoñece os cambios evolutivos ata
chegar á especie humana.

VOCABULARIO E CRONOLOXÍA:  Prehistoria, Historia, Idade Antiga, Paleolítico, Neolítico, Pintura rupestre, Petróglifo, Dolmen, Castro e Idade dos Metais.

Lectura e visualización:
  • Libro de texto dixital (páx. 142-149 + vocabulario tema 8).
  • Vídeos Canal La Cuna de Halicarnaso.